Un novo Boletín Informativo, xa en todos os fogares de Cuntis

O novo número do noso boletín informativo, o 8, recolle e sintetiza a nosa actividade no que vai de 2018. Estreamos deseño e enchémolo coa alta intensidade do traballo que vimos realizando no que vai de ano. En positivo, coas propostas e ideas que nas que traballamos; e con responsabilidade crítica, informando das deficiencias, incumprimentos e incapacidades dun Goberno tan feble como esgotado. Está xa en todos os fogares de Cuntis, e aquí podes descargalo dende onde o desexes. Estes son os asuntos que abordamos:

  • Ideas e propostas para mellorar Cuntis
  • Radiografía da parálise: anuncios e proxectos que non pasaron máis alá de fogos de artificio nos medios de comunicación
  • Reconto das subvencións perdidas por parte do Concello de Cuntis debido a incumprimentos varios
  • Alegacións á Lei de regulamento do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia
  • Recompilación de breves

Share

Tamén pode gustarche...